miércoles, 14 de mayo de 2014

Programa das rutas da Guía Postal Medieval Xoven

    Programa das rutas da Guía Postal Medieval Xoven:

           

·         Mércores14, Friol:


-          Torre de Friol

-          Museo etnográfico de San Paio de Narla


( 16:30-20:00. Lugar de saída: Museo Provincial de Lugo )



·         Xoves 15, A Mariña:


-          Alfoz: Castelo de Castrodouro

-          San Cibrao: Museo do Mar

-          Casco Histórico de Viveiro


( 9:00- 20:00. Lugar de saída: Museo Provincial de Lugo)


·         Viernes 16, Lugo:


-          Catedral de Lugo

-          Igrexa de Santo Domingo

-          Museo Provincial de Lugo


( 16:30-20:00. Lugar de saída: Museo Provincial de Lugo )


·         Sábado 17, Monforte de Lemos:

-          Fortaleza dos Condes de Lemos.

-          Barrios Xudíos

-          Pazo de Tor

( 11:00 -00:00. Lugar de saída: Museo Provincial de Lugo )


* En Monforte, ademáis das visitas asistiremos á Gala Gastromoda no Pazo de Tor, para máis información sobre a gala botádelle unha ollada a súa páxina en facebook e o seu blog:

https://www.facebook.com/pages/Gu%C3%ADa-Postal-da-Moda-en-Lugo/707081575981057?fref=ts

http://guiapmodalugo.wordpress.com/




jueves, 8 de mayo de 2014

Lendas de San Paio de Narla

Lendas de San Paio de Narla



Xa que a nosa primeira ruta será por terras de Friol, aquí vos deixamos unha lenda relacionada co que imos ver:



" Sempre que podía, unha doncela chamada Berta cabalgaba polas fragas de Friol, en terras lucenses. Seu pai, o Señor de San Paio de Narla, non o vía con bos ollos, pois as súas continuas ausencias impedíanlle ofrecer á súa filla compaña e control paterno. 


No medio dunha cabalgada desenfrenada, a montura da doncela terminou por desbocarse. Un home da aldea viu o que pasaba e, a risco de resultar pisoteado polos cascos da besta, puido aferrarse ó animal e apacigualo. Logo acompañou á muller un treito, pero ó coñecer quen era e onde vivía, o campesiño retirouse rápidamente.A pesar diso, a rapaza quedou impresionada pola fortaleza e a valentía daquel home. Ó día seguinte, saliu na súa busca, e non lle foi difícil dar con él. A partires de entón, tódalas tardes quedaban para verse, e acabaron namorándose. 


Pronto chegou a oídos do Señor de San Paio a amizade da súa filla cun campesiño, e foi presa dun ataque de furia que derivou na orde de apresar ó aldeano que se atrevera a acehegarse á súa filla. Os dous namorados emprenderon unha fuxida desesperada, perseguidos polos cabaleiros do nobre. 


Preto de onde se atopaban, o aldeano sabía que existía unha cova. Todos trataban de evitar eses paraxes. Na aldea din que se trata da cova dun dragón, ó que chaman a Serpe, pero non teñen más remedio que entrar…O home conduce á súa amada ata a cova e introdúcense nela. Entón aparece a cabeza do enorme dragón, coa terrible boca aberta, disposto a matalos. Cunha furia inmensa, o aldeano bótase contra a besta, mentres lle berra á súa amada que se poña a salvo. 


Os cabaleiros quedaran na entrada da Cova da Serpe, sen atreverse a ir máis alá, aterrorizados polos ruxidos e os berros que chegaban ata os seus oídos dende o interior. Entón ven á filla do seu señor saír fuxindo da Serpe, chea de dor por perder ó seu amado, e pola terrible escena que acababa de contemplar. É conducida polos gardas á torre de seu pai, onde chora amargamente a súa traxedia.Dende entón, a Serpe saíu a míudo da súa garida. A inmensa serpe ía acabando cos gandos, e atacaba a cantos atopaba ó seu paso, na zona cercana á que xa chaman o Pozo da Serpe. Foi alí, onde un grupo de valentes logrou ó fin darlle morte, envenenándoa. "


martes, 6 de mayo de 2014

Os días e as horas

Os días e as horas



A seguinte decisión que tomamos despois de pensar os lugares que formarían parte das rutas e concretar as visitas  foi pensar os días e a duración.  A verdade é que esta foi unha das tarefas máis sinxelas dentro deste proxecto xa que Encarna nos indicara anteriormente que as rutas tiñan que facerse na semana do 12 de maio e rematarse o día 17 de maio xa que nesa semana celébrase a noite dos museos. Así que só tivemos que repartir os días da semana, e fixémolo do seguinte xeito: as Rutas comezarán o día 14 de maio con Friol, o día seguinte (15 de maio) farase a ruta pola Mariña, o día 16 Lugo e para finalizar o día 17 a ruta por Monforte de Lemos.


En canto ó horario das rutas, tanto para Friol como para Lugo é de 16:30 a 20:00, xa que a ruta de Lugo é pola propia cidade e no caso de Friol, este atópase a tan só 20 min de Lugo. Para A Mariña e Monforte de Lemos non abonda cunha tarde, polo que decidimos que, no caso da Mariña sería de 9:00 a 20:00 e para Monforte de 11:00 a 12 da noite, xa que ademáis teremos o privilexio de asistir a gala Gastromoda que se celebra no Pazo de Tor.



Animádevos, Ei!! Ímonos de ruta pola Rede!!

viernes, 25 de abril de 2014

As Rutas pola Rede ( parte 2 )

As Rutas pola Rede ( parte 2 )


Xa tiñamos deseñadas as Rutas por Friol e Monforte de Lemos, pero qué foi de Lugo e A Mariña ? Pois comezando por Lugo, decidimos que as tres visitas serían: a Catedral de Santa María de Lugo, a igrexa conventual de Santo Domingo e para finalizar o Museo Provincial de Lugo.


Con respecto a Catedral, queriamos incluir a visita ás torres, así que puxémonos en contacto ca Diócesis de Lugo. Alí comunicáronnos que o acceso ás torres era posible, pero que non era gratuito, e xa que todas as visitas que formen parte das rutas pola Rede teñen que ser gratuitas tivemos que descartar ás torres, pero co resto da Catedral non había problema.


Para poder informarnos sobre a igrexa de Santo Domingo tamén foi necesario poñernos en contacto ca Diócesis. Dende alí comunicáronnos que a igrexa estaba aberta e que era completamente gratuita. Xa tiñamos a ruta por Lugo resolta!


En canto A Mariña, sabiamos que os lugares polos que ir de ruta eran: Viveiro, San Cibrao (xa que alí se atopa o Museo do Mar) e Alfoz, pero había que concretar moito máis...


En Viveiro decidimos que a visita tería lugar polo casco histórico da cidade, o cal inclúe a Igrexa de Santa María do Campo, a praza Maior, os restos da muralla e a Igrexa de San Francisco, que aínda que non esté exactamente dentro do casco histórico forma parte dos restos medievais da vila. Para poder concretar as visitas ás igrexas  falamos con Don Xosé Román Escourido Basanta, párroco de San Francisco, o cal nos comunicou que non habería ningún inconvinte en visitalas. 


O seguinte paso foi falar co Museo do Mar en San Cibrao para reservar cita para a nosa visita. E xa por fin só nos quedaba Alfoz, onde a ruta facía parada no castelo de Castrodouro, propiedade entregada ó Mariscal Pardo de Cela como dote ó casar con Isabel de Castro, e devolta á mitra mindoniense trala súa execución. O castelo de Castrodouro tiña o inconvinte de que só estaba aberto nos meses de xullo e agosto, polo que tivemos que solicitar a visita ó concello. A nosa solicitude foi concedida rematando así o deseño das Rutas Medievais pola Rede.

martes, 22 de abril de 2014

As Rutas pola Rede ( parte 1 )

As Rutas pola Rede ( parte 1 )



Xa tiñamos claro en qué consistiría o proxecto, o nome e a quén iría destinado, pero....¿ cómo organizariamos as rutas ? Sabiamos que serían por Friol, Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e que incluían a visita ós catro museos, pero non sabiamos que máis podiamos ver.


Entón foi cando nos sumerximos na biblioteca do Museo Provincial de Lugo para buscar información sobre o patrimonio medieval da provincia de Lugo e atopámonos cunha lista bastante ampla de igrexas, pazos, pontes, etc. Ca lista de monumentos na man e cun mapa da provincia de Lugo diante, decidimos limitar as zonas polas cales iríamos de ruta, xa que, por exemplo, non podiamos ver todo o patrimonio medieval da Mariña nin ir ós pobos cercanos á cidade de Lugo, non por falta de ganas, senon por falta de tempo. Así, limitamos as rutas da seguinte maneira: en Friol iríamos ó propio municipio e os seus arredores máis inmediatos, no caso de Lugo non sairiamos da propia cidade, para A Mariña centrariamonos en tres puntos ( Viveiro, San Cibrao e Alfoz ) e por último en Monforte de Lemos visitariamos o patrimonio presente na propia cidade, alén do Pazo de Tor, que se atopa a media hora da cidade de Monforte. 


O seguinte paso foi limitar a lista de monumentos a tres por zona, incluíndo os Museos. No caso da Mariña Lucense e de Lugo cidade foi bastante sinxelo escoller qué ver, pero os problemas viñeron en Friol e en Monforte de Lemos. 


En Friol tiñamos unha lista bastante ampla de pazos, pero todos eran ou privados ou non se podían ver por dentro, o cal en ambos casos era unha pena. Aínda así non desistimos e chamamos ó concello de Friol (máis dunha vez), pero a información que nos daban sobre os pazos era a mesma ca que xa contabamos, asíque non nos quedou outra opción que incluir un dos pazos que só se poden ver por fora e escollimos a Torre de Friol, que se atopa no propio concello. Ademáis, decidimos incluir na ruta a Cova da Serpe ( a cal está ligada a unha lenda de cabaleiros e doncelas ) e por suposto o Museo Etnográfico de San Paio de Narla.


No caso de Monforte, ademáis do Pazo de Tor, sabiamos que era obrigatorio unha parada na fortaleza dos Condes de Lemos, ¿ pero qué podiamos engadir para completar esta ruta ? Dentro da lista de monumentos do concello chamounos a atención os barrios xudíos da cidade, xa que era algo que non tiñamos a posibilidade de ver nas demáis rutas. Estivemos a piques de descartar esta opción por falta de información, pero finalmente, tras contactar ca Rede de Xuderías de España e co concello de Monforte, obtivemos a información necesaria para poder incluir os barrios xudíos nas rutas.


 ¿ E qué monumentos incluímos para as rutas de Lugo e da Mariña ? ......Saberédelo no seguinte capítulo. 


domingo, 20 de abril de 2014

O por qué das Rutas Medievais

O por qué das Rutas Medievais




 Comezamos as prácticas no Museo Provincial de Lugo a principios de marzo e a verdade é que estábamos algo pérdidos cando chegamos. Encarna Lago, xerente da Rede Museística e a nosa titora de prácticas, ensinounos os departamentos do Museo e deunos a posibilidade de facer un proxecto, opción pola que acabamos optando.


¿ Pero qué proxecto podíamos levar a cabo? ¿ Sobre qué ? Niso tamén contamos ca axuda de Encarna, que nos suxeriu unha serie de temas entre os que estaba facer un proxecto sobre o emperador romano Augusto. Nun primeiro momento pensamos en escoller este tema, pero cando comezamos a buscar información sobre o emperador démonos conta de que sería difícil relacionalo cos catro museos da Rede. Co Museo Provincial de Lugo non había problema, e no caso do Museo do Mar podíamos empregar o tema das rutas marítimas comerciais  durante o seu mandato, pero no caso de San Paio de Narla e o Pazo de Tor non tíñamos nin idea de cómo enfocalo, así que descartamos esta opción.


Despois de descartar o proxecto sobre Augusto foi cando tivemos a idea das rutas medievais, unhas rutas que levarían á xente polos restos medievais da Rede Museística, incluindo a visita ós museos. Pero esta non era a única idea que tíñamos en mente xa que tamén pensamos en facer un proxecto sobre a historia do traxe, centrando en cada museo unha parte da historia. Tardamos un par de días en decidir que proxecto escoller e finalmente (como podedes ver) optamos polas rutas medievais.


¿ E por qué se chama Guía Postal Xoven ? Pois o nome foi idea de Encarna e veu a raíz de que, como as rutas son destinadas a rapaces entre 18 e 30 anos, necesitábamos darlle un aliciente ó mundo medieval e entón decidimos que, ademáis de mostrar o patrimonio medieval e os museos da Rede, faríamos un album de fotos cos participantes das rutas. É decir, a idea é facer fotos ca xente que se animou a ir de ruta con nós, subir esas fotos a facebook, twitter e instagram, etiquetar á xente e tamén etiquetar os lugares, e así ter a guía postal xoven das rutas medievais.


E isto rapaces é tan só o principio....

jueves, 17 de abril de 2014

S.O.S Rapaces necesitamos a vosa axuda!!!



S.O.S Rapaces necesitamos a vosa axuda!!!


Somos Daniel e Laura, dous alumnos da licenciatura de Humanidades do campus de Lugo e estamos creando un proxecto para a Rede Museística de Lugo baixo a titoría da xerente da Rede, Encarna Lago. O noso proxecto consiste en organizar rutas medievais polos arredores da Rede Museística ( Friol, Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos ) para rapaces entre 18 e 30 anos.


Neste proxecto, ademáis de visitar os museos da Rede e os restos medievais máis significativos destes concellos, tamén queremos facer uso das redes sociais e da fotografía, para deixar constancia do visto nas rutas, da xente que se animou a vir con nós, etc. Así, cando finalicemos as rutas conseguiremos ter unha Guía Postal Medieval Xoven; é dicir, un album fotográfico que se poderá ver na nosa páxina de facebook.

Pero para que todo isto sexa posible necesitamos a vosa colaboración e que vos animedes a vir con nós de ruta pola Rede, así que....xa sabedes....Ei! Vámonos de ruta pola Rede!!