martes, 6 de mayo de 2014

Os días e as horas

Os días e as horas



A seguinte decisión que tomamos despois de pensar os lugares que formarían parte das rutas e concretar as visitas  foi pensar os días e a duración.  A verdade é que esta foi unha das tarefas máis sinxelas dentro deste proxecto xa que Encarna nos indicara anteriormente que as rutas tiñan que facerse na semana do 12 de maio e rematarse o día 17 de maio xa que nesa semana celébrase a noite dos museos. Así que só tivemos que repartir os días da semana, e fixémolo do seguinte xeito: as Rutas comezarán o día 14 de maio con Friol, o día seguinte (15 de maio) farase a ruta pola Mariña, o día 16 Lugo e para finalizar o día 17 a ruta por Monforte de Lemos.


En canto ó horario das rutas, tanto para Friol como para Lugo é de 16:30 a 20:00, xa que a ruta de Lugo é pola propia cidade e no caso de Friol, este atópase a tan só 20 min de Lugo. Para A Mariña e Monforte de Lemos non abonda cunha tarde, polo que decidimos que, no caso da Mariña sería de 9:00 a 20:00 e para Monforte de 11:00 a 12 da noite, xa que ademáis teremos o privilexio de asistir a gala Gastromoda que se celebra no Pazo de Tor.



Animádevos, Ei!! Ímonos de ruta pola Rede!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario