martes, 22 de abril de 2014

As Rutas pola Rede ( parte 1 )

As Rutas pola Rede ( parte 1 )



Xa tiñamos claro en qué consistiría o proxecto, o nome e a quén iría destinado, pero....¿ cómo organizariamos as rutas ? Sabiamos que serían por Friol, Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e que incluían a visita ós catro museos, pero non sabiamos que máis podiamos ver.


Entón foi cando nos sumerximos na biblioteca do Museo Provincial de Lugo para buscar información sobre o patrimonio medieval da provincia de Lugo e atopámonos cunha lista bastante ampla de igrexas, pazos, pontes, etc. Ca lista de monumentos na man e cun mapa da provincia de Lugo diante, decidimos limitar as zonas polas cales iríamos de ruta, xa que, por exemplo, non podiamos ver todo o patrimonio medieval da Mariña nin ir ós pobos cercanos á cidade de Lugo, non por falta de ganas, senon por falta de tempo. Así, limitamos as rutas da seguinte maneira: en Friol iríamos ó propio municipio e os seus arredores máis inmediatos, no caso de Lugo non sairiamos da propia cidade, para A Mariña centrariamonos en tres puntos ( Viveiro, San Cibrao e Alfoz ) e por último en Monforte de Lemos visitariamos o patrimonio presente na propia cidade, alén do Pazo de Tor, que se atopa a media hora da cidade de Monforte. 


O seguinte paso foi limitar a lista de monumentos a tres por zona, incluíndo os Museos. No caso da Mariña Lucense e de Lugo cidade foi bastante sinxelo escoller qué ver, pero os problemas viñeron en Friol e en Monforte de Lemos. 


En Friol tiñamos unha lista bastante ampla de pazos, pero todos eran ou privados ou non se podían ver por dentro, o cal en ambos casos era unha pena. Aínda así non desistimos e chamamos ó concello de Friol (máis dunha vez), pero a información que nos daban sobre os pazos era a mesma ca que xa contabamos, asíque non nos quedou outra opción que incluir un dos pazos que só se poden ver por fora e escollimos a Torre de Friol, que se atopa no propio concello. Ademáis, decidimos incluir na ruta a Cova da Serpe ( a cal está ligada a unha lenda de cabaleiros e doncelas ) e por suposto o Museo Etnográfico de San Paio de Narla.


No caso de Monforte, ademáis do Pazo de Tor, sabiamos que era obrigatorio unha parada na fortaleza dos Condes de Lemos, ¿ pero qué podiamos engadir para completar esta ruta ? Dentro da lista de monumentos do concello chamounos a atención os barrios xudíos da cidade, xa que era algo que non tiñamos a posibilidade de ver nas demáis rutas. Estivemos a piques de descartar esta opción por falta de información, pero finalmente, tras contactar ca Rede de Xuderías de España e co concello de Monforte, obtivemos a información necesaria para poder incluir os barrios xudíos nas rutas.


 ¿ E qué monumentos incluímos para as rutas de Lugo e da Mariña ? ......Saberédelo no seguinte capítulo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario