jueves, 8 de mayo de 2014

Lendas de San Paio de Narla

Lendas de San Paio de Narla



Xa que a nosa primeira ruta será por terras de Friol, aquí vos deixamos unha lenda relacionada co que imos ver:



" Sempre que podía, unha doncela chamada Berta cabalgaba polas fragas de Friol, en terras lucenses. Seu pai, o Señor de San Paio de Narla, non o vía con bos ollos, pois as súas continuas ausencias impedíanlle ofrecer á súa filla compaña e control paterno. 


No medio dunha cabalgada desenfrenada, a montura da doncela terminou por desbocarse. Un home da aldea viu o que pasaba e, a risco de resultar pisoteado polos cascos da besta, puido aferrarse ó animal e apacigualo. Logo acompañou á muller un treito, pero ó coñecer quen era e onde vivía, o campesiño retirouse rápidamente.A pesar diso, a rapaza quedou impresionada pola fortaleza e a valentía daquel home. Ó día seguinte, saliu na súa busca, e non lle foi difícil dar con él. A partires de entón, tódalas tardes quedaban para verse, e acabaron namorándose. 


Pronto chegou a oídos do Señor de San Paio a amizade da súa filla cun campesiño, e foi presa dun ataque de furia que derivou na orde de apresar ó aldeano que se atrevera a acehegarse á súa filla. Os dous namorados emprenderon unha fuxida desesperada, perseguidos polos cabaleiros do nobre. 


Preto de onde se atopaban, o aldeano sabía que existía unha cova. Todos trataban de evitar eses paraxes. Na aldea din que se trata da cova dun dragón, ó que chaman a Serpe, pero non teñen más remedio que entrar…O home conduce á súa amada ata a cova e introdúcense nela. Entón aparece a cabeza do enorme dragón, coa terrible boca aberta, disposto a matalos. Cunha furia inmensa, o aldeano bótase contra a besta, mentres lle berra á súa amada que se poña a salvo. 


Os cabaleiros quedaran na entrada da Cova da Serpe, sen atreverse a ir máis alá, aterrorizados polos ruxidos e os berros que chegaban ata os seus oídos dende o interior. Entón ven á filla do seu señor saír fuxindo da Serpe, chea de dor por perder ó seu amado, e pola terrible escena que acababa de contemplar. É conducida polos gardas á torre de seu pai, onde chora amargamente a súa traxedia.Dende entón, a Serpe saíu a míudo da súa garida. A inmensa serpe ía acabando cos gandos, e atacaba a cantos atopaba ó seu paso, na zona cercana á que xa chaman o Pozo da Serpe. Foi alí, onde un grupo de valentes logrou ó fin darlle morte, envenenándoa. "


No hay comentarios:

Publicar un comentario