domingo, 20 de abril de 2014

O por qué das Rutas Medievais

O por qué das Rutas Medievais




 Comezamos as prácticas no Museo Provincial de Lugo a principios de marzo e a verdade é que estábamos algo pérdidos cando chegamos. Encarna Lago, xerente da Rede Museística e a nosa titora de prácticas, ensinounos os departamentos do Museo e deunos a posibilidade de facer un proxecto, opción pola que acabamos optando.


¿ Pero qué proxecto podíamos levar a cabo? ¿ Sobre qué ? Niso tamén contamos ca axuda de Encarna, que nos suxeriu unha serie de temas entre os que estaba facer un proxecto sobre o emperador romano Augusto. Nun primeiro momento pensamos en escoller este tema, pero cando comezamos a buscar información sobre o emperador démonos conta de que sería difícil relacionalo cos catro museos da Rede. Co Museo Provincial de Lugo non había problema, e no caso do Museo do Mar podíamos empregar o tema das rutas marítimas comerciais  durante o seu mandato, pero no caso de San Paio de Narla e o Pazo de Tor non tíñamos nin idea de cómo enfocalo, así que descartamos esta opción.


Despois de descartar o proxecto sobre Augusto foi cando tivemos a idea das rutas medievais, unhas rutas que levarían á xente polos restos medievais da Rede Museística, incluindo a visita ós museos. Pero esta non era a única idea que tíñamos en mente xa que tamén pensamos en facer un proxecto sobre a historia do traxe, centrando en cada museo unha parte da historia. Tardamos un par de días en decidir que proxecto escoller e finalmente (como podedes ver) optamos polas rutas medievais.


¿ E por qué se chama Guía Postal Xoven ? Pois o nome foi idea de Encarna e veu a raíz de que, como as rutas son destinadas a rapaces entre 18 e 30 anos, necesitábamos darlle un aliciente ó mundo medieval e entón decidimos que, ademáis de mostrar o patrimonio medieval e os museos da Rede, faríamos un album de fotos cos participantes das rutas. É decir, a idea é facer fotos ca xente que se animou a ir de ruta con nós, subir esas fotos a facebook, twitter e instagram, etiquetar á xente e tamén etiquetar os lugares, e así ter a guía postal xoven das rutas medievais.


E isto rapaces é tan só o principio....

No hay comentarios:

Publicar un comentario